Saltar ao contido principal

OBRADOIRO DE CABAZAS

MIRADE QUE BEN NOS QUEDOU!
 Canto traballaron os rapaces e rapazas de 1º da ESO! Este martes organizamos xunto coa Biblioteca un obradoiro para celebrar o mes do Samaín.
  
    Moitos alumnos traballaron as súas cabazas;e outros participaron nos diferentes obradoiros realizados na biblioteca: decoraron castañas, follas de árbores, morcegos, etc. con ditos e refráns, cantigas e poemas sobre medo e o Samaín.
  
  
 Colocamos unha exposición na entrada do centro, alí podedes visitala.  
                Tamén se construíu un mural na Biblioteca, e á sombra desa árbore leremos este outono contos de medo.                     
 

    
Aproveitade as suxestións do equipo de biblioteca para pasar un outono de medo.                                
 
   Grazas a todos e todas pola participación:alumnos,  profesores e titores , a orientadora e o equipo de extraescolares, o equipo de biblioteca, etc., Para o ano máis...

Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

CONCERTO MOCIDADE COA LINGUA.

O grupo musical do noso centro , Son do Sofía, vén de participar no concerto A Mocidade coa lingua, celebrado hoxe no Auditorio de Ferrol. O alumnado participou con dúas pezas: "Danzas do tempo" baseado nun poema de Luísa Villalta e Bela dona. Foi unha actuación espectacular. Parabéns para todos e tamén para as profesoras de música e lingua galega que traballaron cos artistas.

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.