Saltar ao contido principal

RECICLANDO E DINAMIZANDO NO SOFÍA

Ola a todos!
Esta semana traballamos todos moito e arreo.



Para felicitar o Nadal, decoramos unha árbore con adornos reciclados (tapóns de plástico, cartóns, vasos, etc). Colaboraron moitos departamentos: a Biblioteca, O Espazo maker, os titores coordinados por Orientación e o Equipo de Actividades extraescolares.

Por  outra banda, o alumnado de diferentes cursos, felicitounos as festas escribindo unhas postais plurilingües con bos propósitos para coidar o planeta que está pasando un mal momento e precisa a concienciación e o compromiso de todos.
 
Todo isto podedes visitalo na entrada do centro, pero tamén vos deixamos aquí unhas imaxes.
Agradecemos a implicación de todos e desexámosvos un
 BO NADAL!

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!