Saltar ao contido principal

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Ola compañeiros e compañeiras!

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao aínda que nesta ocasión únicamente se destaca o seu labor como ilustrador e artista, esta faceta serviulle sempre para deixar constancia da súa loita social e política en favor do desenvolvemento de Galicia. O seu pensamento expresouse en moitas facetas e segue vivo na memoria colectiva do noso país e as súas ilustracións e creacións artísticas dan testemuño dese compromiso con esta terra alá onde se atopase.

A (AGPI) tamén quere facer visibles outras figuras insignes como: Luís Seoane, Leandro Carré, Federico Ribas, Manuel Bujados, Castro Gil, Julio Nieto Nespereira, entre outros. Pero este ano o ilustrador destacado é Cándido Fernández Mazas. 
Deixámovos un vídeo para achegarnos a este artista.

Por último, contarvos que este ano o cartel do Día da ilustración que infoma de diferentes iniciativas para celebrar esta xornada é obra de Xulia Pisón. Destacamos tamén que hoxe ás 19'00, farase unha homenaxe a Cándido Fernández Mazas, na Biblioteca Municipal de Ferrol. Contarán coa presencia de Quico Souto (profesor de debuxo do IES. Concepción Arenal e o ilustrador Carlos Sardiña. Esta actividade está organizada polo Club de Prensa de Ferrol.

Publicacións populares deste blog

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf