Saltar ao contido principal

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2020: ANO CARVALHO CALERO

Aínda que a celebración oficial da Real Academia trasládase a outubro, a causa da pandemia, non podemos deixar de honrar e espallar a figura do noso escritor  Ricardo Carvalho Calero.
Entre a multitude de material publicado sobre o profesor Carvalho Calero compartímosvos aquí unhas mostras para que coñezades máis de cerca a vida e obra do escritor ferrolán a quen se homenaxea o próximo 17 de maio, no Día das Letras Galegas.
No proxecto "As pitas baixo a choiva " baseado no relato homónimo do escritor, participou o Coro do Sofía.
Compartimos tamén unha unidade didáctica cun cuestionario moi faciliño par achegarnos de maneira rápida a aspectos importantes de don Ricardo.

Pola nosa banda creamos un challenge-desafío de Kahoot para xogar ese día ou antes do luns 18 de maio, ás 12 PM. 

PIN KAHOOT 02153622. 
Pica na imaxe para xogar.

Podedes botarlle un ollo tamén ó proxecto "As pitas baixo a choiva" promovido pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.  

Pica na imaxe.



Deixamos aquí a súa  unidade didáctica para que lle botedes un ollo.

Unidade didáctica do proxecto: "As pitas baixo a choiva"

A  RAG publica un  material  variado que nos achega á súa figura.

Tamén podedes visitar as propostas do  Seminario Galán.   
 Pica na imaxe.
Portada do Seminario Galán.org
De entre as súa propostas deixámosvos aquí un xogo.




nss

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.