Saltar ao contido principal

O SAMAÍN EN TEMPOS DE PANDEMIA

 Ola a tod@s!
Esta semana no noso instituto estivemos algo ocupados coas celebracións do Samaín. Sentimos que estando nun tempo de dificultade e de ánimo baixo por mor da pandemia da Covid 19,  é máis necesario que nunca  que o noso curso continúe coas actividades que se programaban todos os anos como é o caso do Samaín. 
Queremos traballar coa maior normalidade posible coa  ledicia  de esta festa tradicional celta, para lembrar que esta non é unha celebración importada de América se non que fomos nós, os pobos celtas do norte de Europa, os que  levamos alá esta xornada dedicada ós antepasados mortos.
Estamos seguros que manter a tradición oral de relatos e contos de medo desta xornada está dentro dos obxectivos deste e de calquera Departamento de Dinamización Lingüística. Precisamente para animar a participación do alumnado nesta xornada, fixemos en colaboración coa Biblioteca do centro e outros Departamentos Didácticos como o de Educación Plástica e Visual, unha ampla e variada proposta de actividades para o alumnado, que foi enviada ós titores do primeiro ciclo e que estaba aberta para  todo o centro. 

Convocamos varios concursos:
- Un concurso de relatos de medo, en papel .


- Outro de vídeo, lendo ou facendo un  booktrailer dunha obra ou dun  relato de terror ou de medo.



 -Outro de vídeo en Tik Tok, recreando unha escea dunha obra de terror ou medo, ou mudando a roupa para facer unha personaxe dun conto de medo, ou facendo un baile terrorífico.


-Ademais do noso tradicional obradoiro de decoración de cabazas. Esta semana na clase de Educación Plástica de 1º da ESO, baixo a dirección da súa profesora, María Lanza, o alumnado puxo toda a súa creatividade en marcha para facer moitas propostas de orixinais cabazas. Proba diso é a preciosa exposición que está na entrada do instituto. Velaquí vos deixamos algunhas fotos.





Tamén fixemos unha exposición de libros de medo e terror en colaboración coa Biblioteca do centro.


Aproveitamos o escenario para facer unha lectura de textos de medo co alumnado de 4º da ESO, da área de Lingua e Literatura Galega  coa súa profesora Pilar Vázquez.

Comprobamos con agrado como as exposicións serviron para levantar o ánimo da comunidade educativa. Foron moitos os que se achegaron a ver ou falar das propostas.

Deixamos unha presentación  que resume con imaxes esta divertida xornada.

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro, data do aniversario de Rosalía de Castro a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fai diferentes suxestións e neste curso están relacionadas cos pensamentos, que son as flores favoritas da autora co lema #SementadePensamentos. Desde os Equipos de Dinamización, Orientación, A. Extraescolares e Biblioteca, queremos facer efectiva estas accións nas titorías adaptadando as porpostas por esta entidade. 1.- Actividades nas titorías de 1º e 2º da ESO O alumnado terá que copiar algún verso ou algún dos poemas de Rosalía dentro dos pétalos das flores coma a da imaxe, que os titores poden recoller na biblioteca. E unha vez rematados e decorados podedes deixalos na mesa da entrada do centro. Os poemas cos que traballaresmos son os que vos deixamos neste enlace. 1- D’aqueles que cantan as pombas y as frores Todos din que teñen alma de muller 2- E ben, ¿para que escribo 3- O fondo sin fondo d’o meu pensamento 4- ¿Que pasa ó redor de min? 5- Nada pod...