Saltar ao contido principal

VII CERTAME CARMELA LOUREIRO

 Como cada ano e xa van sete, o Concello de Ferrol e a Coordenadora de equipas de normalización lingüística de Ferrolterra convocan o certame literario Carmela Loureiro. Hai tres modalidades de participación: microrrelatos, micropoesía e microteatro. Compartimos as bases para que vos animedes a participar. Primeiro haberá unha fase interna para escoller os traballos que pasen á fase intercentros. Os premios da fase intercentros será unha tablet por modalidade e categoría de participación. Así que podedes adicar o Nadal a escribir só un pouquiño...

bases certame

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro, data do aniversario de Rosalía de Castro a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fai diferentes suxestións e neste curso están relacionadas cos pensamentos, que son as flores favoritas da autora co lema #SementadePensamentos. Desde os Equipos de Dinamización, Orientación, A. Extraescolares e Biblioteca, queremos facer efectiva estas accións nas titorías adaptadando as porpostas por esta entidade. 1.- Actividades nas titorías de 1º e 2º da ESO O alumnado terá que copiar algún verso ou algún dos poemas de Rosalía dentro dos pétalos das flores coma a da imaxe, que os titores poden recoller na biblioteca. E unha vez rematados e decorados podedes deixalos na mesa da entrada do centro. Os poemas cos que traballaresmos son os que vos deixamos neste enlace. 1- D’aqueles que cantan as pombas y as frores Todos din que teñen alma de muller 2- E ben, ¿para que escribo 3- O fondo sin fondo d’o meu pensamento 4- ¿Que pasa ó redor de min? 5- Nada pod...