Saltar ao contido principal

VII CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL) convocan o VII Certame literario Carmela Loureiro como homenaxe a unha muller,profesora en Ferrolterra, presidenta da CENL durante anos, que dedicou o seu tempo e o seu saber á lingua e aos máis novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor anónimo exeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade.
Este certame rexerase polas seguintes bases;

1- Poderá participar todo o alumnado dos centros de ensino non universitario do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que forman parte da CENL, sempre que estean matriculados nalgún dos cursos correspondentes ás distintas categorías establecidas neste certame.

2- O certame presenta tres modalidades:

1) Modalidade de microrrelatos

2) Modalidade de micropoesía

3) Modalidade de microteatro (só para a categoría de bacharelato e ciclos formativos).

3- Na modalidade de microrrelatos, os/as participantes deberán elaborar un texto narrativo que non poderá exceder as 150 palabras e que terá que comezar polo texto seguinte: Dun día para outro todo mudou.

O microrrelato debe presentarse cun título

4- Na modalidade de micropoesía, as persoas participantes deberán elaborar un texto poético que non poderá exceder de seis versos.

5- Na modalidade de microteatro, os/as participantes deberán elaborar un texto teatral que non poderá exceder as 600 palabras (incluídos os nomes das personaxes e as anotacións). O texto de microteatro debe presentarse cun título.
Nesta modalidade só poderá participar o alumnado de bacharelato e ciclos formativos.

6- Os textos dos microrrelatos, das micropoesías e das pezas de microteatro deberán estar escritos en lingua galega, deberán ser orixinais e inéditos e non poderán ter recibido ningún premio ou accésit noutro certame ou concurso.

O prazo para entregar os traballos en cada centro na fase interna remata o venres 29 de xaneiro de 2021 e para a fase intercentros, é dicir, a entrega ao Concello dos traballos seleccionados remata o venres 5 de febreiro de 2021. O Concello comunicaralles a todos os centros de ensino participantes o resultado do certame e publicarase na páxina web municipal e na da Coordenadora. A entrega dos premios e a presentación da publicación realizarase no segundo trimestre de 2021.
Desde o equipo de Dinamización lingüística do instituto queremos animarvos a participar, coñecedores de que talento e creatividade non falta neste centro.

Deixamos as bases más abaixo.


Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!

HOMENAXE AO AUTOR FERROLÁN BENITO VICETTO PÉREZ

O alumnado de 3ª da ESO do noso centro realizou o  21 de maio, unha pequena homenaxe ao autor do Rexurdimento Benito Vicetto Pérez.Escritor, xornalista , historiador, poeta e Fillo Predilecto de Ferrol, no II centenario do seu nacemento.  O acto foi nun pequeno roteiro polos espazos viatais do autor: barrio de Esteiro, Teatro Jofre, Ferrol Vello e finalmente parque Reina Sofía, onde está a estatua conmemorativa.No parque realizamos unha ofrenda floral, a lectura de dous poemas en galego e interpretación do Himno Galeg o