Saltar ao contido principal

DÍA DA PAZ 2021

 

Ola compañeiros.

A semana pasada celebramos o Día da Paz, e este curso inmersos como estamos nesta terceira onda da pandemia, afixémonos a empregar nas nosas conversas moitos conceptos relativos á saúde. Neste contexto propuxemos desde os Departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e a Biblioteca, construír unha caixa de primeiros auxilios da Paz, en cada aula, con elementos que contribúan a facela realidade na nosa contorna.
Para o traballo nas aulas puxemos a disposición dos titores un cartafol con imaxes libres de material médico, para que o alumnado propoñía en cada elemento unha posible medida ou tratamento contra a violencia, por exemplo: Pílulas de boas palabras ou eloxios aos semellantes, apósitos adhesivos para os enfados, termómetros para controlar a ira, inxeccións para aumentar o autoconcepto positivo, máscara para combater os insultos, vitaminas de compresión, tesoiras para cortar as discusións, etc
Para a realización da actividade co alumnado deixamos a disposición do profesorado unha serie de vídeos sobre cuestións que afectan á convivencia. Podédelos atopar picando a imaxe.




Tras o visionado e o diálogo na aula, cada participante escribe nun dos debuxos un remedio contra a violencia, coas achegas de todos construímos a nosa caixa de primeiros auxilios para a PAZ, coas aportacións de todos fixemos un mural na entrada do centro.

Deixamos aquí exemplos do resultado da actividade en alguha alula. 

Tamén podedes ver a páxina na que recollimos os traballos do alumnado, que realizaron esta actividade en formato infografía ou imaxe dixital. Pica aquí.



Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.