Saltar ao contido principal

DIA DA MULLER

Ola compañeir@s.

O  8 de marzo é  o Día Internacional da Muller, este curso debido as medidas do protocolo Covid do centro tivemos que adaptar as celebracións e actividades desta xornada. Nas distintas áreas os responsables e os titores puxeron en práctica moitas iniciativas pero hoxe queremos deixarvos a que encheu de carteis a entrada e os corredores do centro. O Alumnado da ESO e Bacharelato das materias de TIC 4º, TIC I e TIC II, coordinados polo Departamento de Tecnoloxía, decidiron participar no: IV CONCURSO DE CARTEIS 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade    ( XUNTA DE GALICIA)
O enxeño e a creatividade do noso alumnado deu como resultado uns carteis de gran calidade e vistosidade nos que se abordaron moitos dos temas da actualidade como é o caso destes dous que son os máis comentados entre os artistas que participaron.
Para que vexades o resultado deixamos unha presentación. Queremos aproveitar para felicitar o traballo deste alumnado e ás  profesoras do Departamento de Tecnoloxía e desde aquí dámoslles as grazas por permitirnos disfrutar destas pequenas obras de arte.

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.