Saltar ao contido principal

XELA ARIAS, LETRAS GALEGAS 2021

Este  ano  o  Día das Letras Galegas 2021 está adicado a  XELA  ARIAS.
Desde os departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e da Biblioteca, fixemos unha proposta de actividades para que se puideran realizar desde as titorías. Recompilamos recursos, información, imaxes e vídeos como introdución da autora na seguinte páxina.
-O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, fixeron marcapáxinas e infografías como as que vos deixamos máis abaixo.
-O alumnado de 4º da ESO, fixo vídeos cunha aplicación de móbil que lle permitiu recitar poemas de Xela cunha imaxe da autora, facendo falar á fotografía.

Pola súa banda o departamento de Tecnoloxía fixo a súa aportación compoñendo marcapáxinas para a impresora 3ºD. Aquí deixamos algún dos proxectos do alumnado, o resto podédelos ver na páxina web. Pica na imaxe para velos todos.
Aquí deixamos unha mostra de algunhas infografías.
Recollimos os vídeos do alumnado neste muro colaborativo.

Feito con Padlet

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!