Saltar ao contido principal

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME "POESÍA E IMAXE"-FASE INTERNA

 

Esta semana entregáronse os premios da fase interna do certame "Poesía e imaxe".En galego sen filtro.

Os alumnos de 1º ESO  premiados polo centro foron: ANA ANEIROS VILAR(lingua zikril)VERA BREGUA ANEIROS (lingua inglesa),NEREA LEMA ((lingua zikril)FERNÁNDEZ, NICOLÁS REGO VILAR E YUSUF SALEC (l.indi)que resultou gañador na fase intercentros.

En 3º da ESO foron seleccionados os traballos de ALBA ROMAR OTERO ,PUERTO SAINZ ALZUETA, e ROSALÍA VELASCO.

En Bacharelato premiáronse os traballos de Beatriz Rodríguez Campos e Junhui Gao nos apartados de fotografía.

O proceso de selección resultou moi complicado este ano pola cantidade de participantes e a calidade das creacións, polo que desde a organización enviamos uns PARABÉNS PARA TODXS e todo o noso agradecemento.

Velaquí unha foto da entrega de premios, na que estiveron presentes, Teresa Sebio a directora do noso centro, María Lanza, profesora de Ed. Plástica e Visual e Pilar Vázquez, do Equipo de Dinamización lingüística do instituto.


No vídeo podedes ver a todos os participantes.

Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

CONCERTO MOCIDADE COA LINGUA.

O grupo musical do noso centro , Son do Sofía, vén de participar no concerto A Mocidade coa lingua, celebrado hoxe no Auditorio de Ferrol. O alumnado participou con dúas pezas: "Danzas do tempo" baseado nun poema de Luísa Villalta e Bela dona. Foi unha actuación espectacular. Parabéns para todos e tamén para as profesoras de música e lingua galega que traballaron cos artistas.

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.