CANTIGAS DE SANTA MARÍA AFONSO X E A TRADICIÓN ORAL NO NADAL.
No pasado a narración oral mantivo vivos os contidos de innumerables áreas do coñecemento. Por iso non é nada despreciable a súa eficacia como axente cultural e máis que recomendable a súa preservación como parte do noso patrimonio inmaterial. Mediante contos, romances, lendas, cancións, adiviñas, oracións, esconxuros, refráns, achegaron a nós saberes e experiencias valiosas do pasado para esta sociedade. Poñer en valor estas achegas á nosa cultura da tradición oral é o obxectivo da biblioteca escolar ao longo de todo este curso. Co lema “ As bibliotecas escolares toman a palabra” iniciamos esta andaina, por isto e na medida do posible, tentaremos facer fincapé nas actividades que nos permitan afondar na divulgación dá nosa cultura oral, por distintos medios como a radio escolar, proxecto que estamos poñendo a andar con gran ilusión. Esta ocasión do Nadal é perfecta para poder afondar na tradición oral en distintas linguas por medio das panxoliñas. Por este motivo, a nosa árbore de Nadal deste ano quere ser unha homenaxe ás xeracións que nos regalaron estas composicións orais. Como podedes ver no blog das titorías. Ó tempo que quixemos poñer o foco nunha importante figura histórica que se percatou da importancia de recoller e conservar as aportacións orais de distintas linguas e relixións como foi Afonso X, do que celebramos o VIII centenario do seu nacemento. Por esta razón o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, coa súa profesora Pilar Vázquez, estiveron a traballar nas cantigas.
A arte, a música, a tradición oral foron durante séculos fixando na memoria colectiva dous dos principais misterios que deron orixe ao cristianismo: a Encarnación e a Natividade con grande profusión de motivos na escultura, na pintura , e na música de esceas como a Anunciación, a Adoración dos Reis Magos…
Unha das grandes manifestacións artísticas do noso patrimonio son As cantigas de Santa María , corpus de 427 cantigas elaboradas polo equipo dirixido polo rei Afonso x o Sabio( trobadores, músicos, tradutores, iluminadores, etc), proxecto que aúna música, ilustración con miniaturas e oralidade na recolleita de múltiplas tradicións orais e escritas ( coleccións de milagres medievais e lendas orais) que narraban as milagres realizadas pola Virxe. Este proxecto tiña como principal motivación espallar o culto mariano na Península. Para iso escolleu o galego portugués , lingua da súa infancia, e variedade lingüística internacional na produción lírica na Idade Media.
O Nadal comezou a ter representación nos Autos dos Reis Magos na Idade Media e aparecen tamén nas Cantigas de Afonso X. Dúas son as cantigas que recollen nas miniaturas estes misterios. A cantiga I na que o rei presenta os gozos da Virxe e aparece a Anunciación, o Nacemento, O anuncio dos pastores e a Adoración dos Reis de oriente; e a cantiga LXXX onde aparece o nacemento da Virxe e o nacemento de Xesús.
Esta é a primeira cantiga de loor de Santa María, ementando os séte goios que ouve de séu Fillo.
Texto da cantiga I- cantiga de Loor
Esta é a primeira cantiga de loor de Santa María, ementando os séte goios que ouve de séu Fillo.
Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o 4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor. O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.
O grupo musical do noso centro , Son do Sofía, vén de participar no concerto A Mocidade coa lingua, celebrado hoxe no Auditorio de Ferrol. O alumnado participou con dúas pezas: "Danzas do tempo" baseado nun poema de Luísa Villalta e Bela dona. Foi unha actuación espectacular. Parabéns para todos e tamén para as profesoras de música e lingua galega que traballaron cos artistas.
Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.