Saltar ao contido principal

Día da ILUSTRACIÓN e Día da PAZ e a non Violencia 2022

O Día da Ilustración, instaurouse no 2014, o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Alfonso R. Castelao.
Nesta data tradicionalmente celebramos o Día Escolar da Paz e a non Violencia.
Con ese motivo, e dado que este ano a nosa bilioteca está a insistir na conservación do patrimonio oral, queremos unir estes tres obxectivos nunha actividade que consistirá na ilustración de poemas e cancións que falen da non violencia e a paz.
Temos convocado un concurso para o que vos deixamos as bases a continuación e que está nos carteis que vedes polos corredores do centro. Animádevos a participar ilustrando de xeito creativo un anaco de texto ou unha canción coñecida ou unha composición orixinal, con caligramas, haikus, collage, cómic, ou un debuxo
.

Pica na imaxe

As composicións entréganse na biblioteca na que tamén podedes recoller material e consultar as bases. A data límite das achegas é o día 4 de febreiro, e o 25 farase entrega dos premios na entrada do centro.
Deixamos aquí algunha suxestión de poemas en galego que falan da Paz e cancións en varias linguas do currículo.

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!