Saltar ao contido principal

DÍA DA LINGUA MATERNA


A UNESCO instituíu en 1999 o Día Internacional da Lingua Materna, decisión que a Asemblea xeral de Nacións Unidas apoiou no 2002. Desde entón, celébrase cada 21 de febreiro para promover o multilingüismo e a diversidade cultural.
Esta data estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural.
A Xunta de Galicia celebrou onte, domingo, o Día da lingua materna para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. No acto institucional contaron coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos.
Deixamos aquí uns vídeos para que cantedes e disfrutedes con eles na nosa lingua, conscientes que esta non é unicamente un instrumento de comunicación senon o poso no que transmitimos os nosos valores e nosa identidade como pobo.

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Comezamos  os actos de celebración do Día das Letras galegas, coa visita ao noso centro da escritora Andrea Maceiras, que nos vén falar do seu libro Alma de Elefante. Mañá recibiremos a visita de Eva Mejuto. Por outra banda, tamén realizaremos varios actos culturais con recitado, cancións da tradicion popular galega, representacións teatrais a cargo da rapazada de 1ª de ESO e actuacións musicais do grupo Son do Sofía que interpretará as pezas presentadas no Concerto a Mocidade coa lingua