Saltar ao contido principal

Día das Artes Galegas 2022


 

O 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas e a Real Academia Galega de Belas Artes dedica este ano ó pintor Laxeiro. Unha figura moi importante da cultura galega do século XX pola súa achega á renovación e á vangarda nas artes. O seu impacto no mundo da creación artística segue a ser incuestionable, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Este prolífico autor pertence a un grupo de novos artistas que reaccionaron contra o costumismo rexionalista e conectaron coa arte internacional do momento, dirixindo a súa mirada cara ás culturas do norte de Europa, dende unha idea de Galicia entendida como o límite cara ao sur da Europa atlántica, conectada por séculos de intercambio a través do Camiño de Santiago. En palabras de Antón Castro “Un punto de encontro  maduro do tradicional co moderno”. A sús pintura mestura influencias das Pinturas negras de Goya e o cubismo para expresar a súas preocupacións polos temas telúricos, a medio camiño entre a Galicia máxica, o esperpento.

Podemos ler aquí a súa biografía, a cronoloxía e ver a súa obra.

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!