Despois do parón da pandemia, por fin voltamos a reunirnos para homenaxear a Carvalho Calero. Coma sempre, seguindo as iniciativas da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra acudimos a este acto celebrado o 25 de outubro no centro Carvalho Calero de Ferrol. Nesta ocasión ,os nosos alumnos de 1º da ESO A representaron ao noso centro compoñendo unhas adiviñas sobre a vida e obra do autor. Xuntámonos con outros centros da cidade e contorna que recitaron,leron e bailaron textos e cancións galegas.Todos pasamos un grato momento coa nosa lingua por bandeira.
Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o 4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor. O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

