O equipo de EDL, en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de lingua, por medio da profesora Rosa Sánchez, organiza un concurso de creación de playlist de música galega, para o alumnado de 3ª da ESO. Velaquí van as bases. Poderan entregarse os traballos ata o vindeiro mes de maio. A semana do !7 de maio, escollerase a lista gañadora. Animádevos a participar e promocionar a nosa música.
Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o 4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor. O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

