Saltar ao contido principal

DOCUMENTAL SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Para preparar a celebración do Día das Letras Galegas 2023 nas distintas áreas, estivemos a traballar co alumnado de todos os cursos da ESO, con diferentes materiais que temos recompilados na páxina web que sempre poñemos á dispición de toda a comunidade educativa, para que podan elixir entre unha grande variedade de recursos para dar a coñecer a obra e o autor ó que se lle dedica esta xornada.
Neste caso a profesora de Lingua Galega, baixou co alumando de 3º da ESO, para asistir á proxección dun documental  que repasa a vida e o legado de Francisco Fernández del Riego. Trátase dunha proposta de José A. Vázquez Taín narrada por Luís Iglesia. Elaborado pola produtora Amarola para a Xunta de Galicia.

DOCUMENTAL NA BIBLIOTECA de dinamización2019

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!