Saltar ao contido principal

Obradoiro o Galego en internet e nas redes sociais

Este obradoiro ten como finalidade  a reflexión  sobre o uso e o fomento do  idioma galego en internet e nas redes sociais, está deseñado para ó alumnado de Bacharelato por iniciativa dos Departamentos de Dinamización e a Biblioteca do centro.


Está dirixido polo proxecto  ORGULLO GALEGO, que se definen a sí mesmos  como: 

 

"Todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía."

Está previsto que teñan unha sesión de una hora os grupos de 1º de Bacharelato do centro o vindeiro martes, 6 de xuño en horario de tarde tal como podedes ver no cartel da convocatoria.


obradoiro o galego nas redes de dinamización2019

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!

HOMENAXE AO AUTOR FERROLÁN BENITO VICETTO PÉREZ

O alumnado de 3ª da ESO do noso centro realizou o  21 de maio, unha pequena homenaxe ao autor do Rexurdimento Benito Vicetto Pérez.Escritor, xornalista , historiador, poeta e Fillo Predilecto de Ferrol, no II centenario do seu nacemento.  O acto foi nun pequeno roteiro polos espazos viatais do autor: barrio de Esteiro, Teatro Jofre, Ferrol Vello e finalmente parque Reina Sofía, onde está a estatua conmemorativa.No parque realizamos unha ofrenda floral, a lectura de dous poemas en galego e interpretación do Himno Galeg o