O alumnado de 4º da ESO ven de participar nestas semanas do mes de outubro co Equipo de Dinamización Lingüística e os departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura Galega, no roteiro "Ferrol coas Irmandades da Fala ". Cansos e felices polo percorrido e a información acadada ó remate da actividade posan coas profesoras acompañantes: María José e Victoria. Figuras como Aurelio Ribalta, Xaime Quintanilla e Bello Piñeiro, institucións como o coro Toxos e froles, o Casino Ferrolán, a editorial Céltiga e aqueles lugares e persoas relacionadas coas Irmandades en Ferrol son obxecto desta visita. En GaliciaÁrtabra pode verse a relación de Ferrol coas Irmandades da Fala.