O alumnado de 3ª da ESO do noso centro realizou o 21 de maio, unha pequena homenaxe ao autor do Rexurdimento Benito Vicetto Pérez.Escritor, xornalista , historiador, poeta e Fillo Predilecto de Ferrol, no II centenario do seu nacemento. O acto foi nun pequeno roteiro polos espazos viatais do autor: barrio de Esteiro, Teatro Jofre, Ferrol Vello e finalmente parque Reina Sofía, onde está a estatua conmemorativa.No parque realizamos unha ofrenda floral, a lectura de dous poemas en galego e interpretación do Himno Galego
Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o 4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor. O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

.jpg)
