Formando parte das actividades desenvolvidas na Semana das Letras Galegas, celebramos no centro un obradoiro de música tradicional a cargo de Sara Fraga Pérez.A rapazada traballou con ela a creación de melodías tradicionais e deulles unhas nocións básicas de baile. Todo o mundo participou nesta xornada festiva.
Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.