Comezamos os actos de celebración do Día das Letras galegas, coa visita ao noso centro da escritora Andrea Maceiras, que nos vén falar do seu libro Alma de Elefante. Mañá recibiremos a visita de Eva Mejuto. Por outra banda, tamén realizaremos varios actos culturais con recitado, cancións da tradicion popular galega, representacións teatrais a cargo da rapazada de 1ª de ESO e actuacións musicais do grupo Son do Sofía que interpretará as pezas presentadas no Concerto a Mocidade coa lingua