Comezamos os actos de celebración do Día das Letras galegas, coa visita ao noso centro da escritora Andrea Maceiras, que nos vén falar do seu libro Alma de Elefante. Mañá recibiremos a visita de Eva Mejuto.
Por outra banda, tamén realizaremos varios actos culturais con recitado, cancións da tradicion popular galega, representacións teatrais a cargo da rapazada de 1ª de ESO e actuacións musicais do grupo Son do Sofía que interpretará as pezas presentadas no Concerto a Mocidade coa lingua
Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada: -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz. ...
