Saltar ao contido principal

MAGOSTO NO SOFÍA

O venres 2 de novembro quixemos lembrar as nosas tradicións, ao tempo que corriamos o fío coa caloriña das castañas asadas, seguindo así o ritual de "salvar" algunha que outra ánima de finado. E, abofé que si, pois serviunos para "espantar" o sanguinolento Halloween e encher o insti dun espíritito moito máis positivo, que é o que ten o Samaín. Mágoa só que ningún alumno se animase a presentar cabazas ao concurso.


O equipo da biblioteca, coa axuda de Antía, ambientou o vestíbulo.
 
Tamén propuxo "Dez relatos de medo, espíritus e terror" que van moi ben coa nosa celebración. 
Alí temos dende clásicos coma Frankenstein ou Drácula, ata cómic dos Barbanzóns, pasando por suposto por Poe ou Lovecraft, ou algúns máis próximos coma Castelao, Zorrilla ou Bécquer.


Por outra banda, algúns alumnos de 1º da ESO crearon un vídeo sobre a historia do Samaín que recolle as presentacións que fixeron na súa clase e que se proxecta na pantalla da entrada.
 
O coro dirixido por Almudena, a profesora de  Música, amenizounos con cancións.


Por suposto, o equipo de extraescolares, axudado pola ANPA e un grupiño de voluntarios de 1º de Bacharelato, ocupouse de que a organización da festa fose todo un éxito.

Preguntados algúns de vós pola experiencia, recollo algunhas testemuñas:

"Gustoume moito o magosto debido a que houbo moito traballo de preparación e as castañas estaban perfetas."
"O coro  implicose, mesturando alumnado e profes".
"Paseino ben, foi moi entretido, xa era ora de que o fixeran."
"As castañas un dez. Moi saborosas"
"Quixen participar como axudante e foi moi positivo. Tiñamos que repartir os cucuruchos e logo vixíar un pouco."

Non cabe dúbida de que todos traballaron arreo e é por esta razón que desde o Equipo de Dinamización Lingüística queremos recoñecer o labor que todos vós realizastes, así como agradecer que teñades achegado tanta creatividade.

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!

HOMENAXE AO AUTOR FERROLÁN BENITO VICETTO PÉREZ

O alumnado de 3ª da ESO do noso centro realizou o  21 de maio, unha pequena homenaxe ao autor do Rexurdimento Benito Vicetto Pérez.Escritor, xornalista , historiador, poeta e Fillo Predilecto de Ferrol, no II centenario do seu nacemento.  O acto foi nun pequeno roteiro polos espazos viatais do autor: barrio de Esteiro, Teatro Jofre, Ferrol Vello e finalmente parque Reina Sofía, onde está a estatua conmemorativa.No parque realizamos unha ofrenda floral, a lectura de dous poemas en galego e interpretación do Himno Galeg o