Saltar ao contido principal

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este ano, como cada 11 de febreiro, celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia, un día cuxa razón de ser é indispensable que os centros de ensino visibilicen e fomenten. 

O vestíbulo do noso  instituto alberga unha árbore que mostra imaxes de grandes científicas da historia, así como das alumnas do Club de Ciencias. É unha iniciativa dos departamentos de Física e Tecnoloxía á que se suma todo o instituto, concienciado da importancia da presencia da muller en todos os ámbitos da vida. 

En primeiro lugar, que se celebra o Día da Muller e a nena na Ciencia? Máis que celebrar, búscase recoñecer o papel das mulleres na investigación, no estudo e na aplicación práctica das ciencias, á vez que captar a atención das futuras adultas que terán que decidir se inclinarse cara unha carreira ou profesión dentro deste ámbito. 


Queremos facer un especial recoñecemento a Ángela Ruiz Robles, inventora e mestra española precursora do libro electrónico, que viviu e traballou en Ferrol durante a maior parte da súa vida.
http://culturagalega.gal


Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

CONCERTO MOCIDADE COA LINGUA.

O grupo musical do noso centro , Son do Sofía, vén de participar no concerto A Mocidade coa lingua, celebrado hoxe no Auditorio de Ferrol. O alumnado participou con dúas pezas: "Danzas do tempo" baseado nun poema de Luísa Villalta e Bela dona. Foi unha actuación espectacular. Parabéns para todos e tamén para as profesoras de música e lingua galega que traballaron cos artistas.

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.