Saltar ao contido principal

DÍA DA PAZ


 Con motivo da celebración do día da Paz, xunto coa biblioteca do centro e o equipo de actividades extraescolares, pensamos coordinar todas as accións nunha campaña que leva por título Construír a Paz; tirando muros, tendendo pontes. Sumámonos así a un proxecto xa existente, pero dándolle a nosa orientación. O traballo nas titorías e nas áreas que colaboraron fíxose en torno a dous núcleos.


Os muros que esconden os medos e xeran conflito e as pontes que serven para mediar e buscar solucións. Deste xeito, en 1º e en 3º da ESO traballaron en torno á idea dos muros que nos dividen. O alumnado de 1º centrouse en reflexionar sobre aquelas actitudes que poñen pedras no muro da paz e da convivencia, aspectos negativos que expresaron nunha soa palabra, en distintos idiomas, e que representaron como pedras coas que fixeron un muro, na entrada do instituto. 

Pola súa banda, o alumnado de 3º fixo fincapé no trixésimo aniversario da caída do Muro de Berlín en 1989, comprobando con tristura como moitos outros muros se continúan erguendo no mundo dende entón para impedir o paso de emigrantes e refuxiados. Estes traballos recóllense mediante unha aula virtual que se creou en Google Classroom, e mediante murais nos corredores.

 O alumnado de 2º e 4º centrouse no tema das pontes, buscando información sobre persoas, asociacións e particulares que loitan por construír pontes para reducir as desigualdades e inxustizas creadas pola violencia, a guerra, os desequilibrios económicos e sociais, etc.
  Os grupos de 2º profundizaron nas fórmulas que favorecen o diálogo e a convivencia pacífica, tratando de sintetizar esas ideas en palabras que representaron como tramos dunha ponte colgante que se puxo no hall do instituto. 

 Nesta ponte colaboraron activamente tamén os de 4º. Estes, pola súa parte, fixeron aportacións de xeito variado, traballaron sobre personalidades que destacaron na loita pola paz, coma Gandhi; lembrando que a data do seu pasamento é a elixida para facer esta celebración do Día da Paz. Tamén informaron que o 27 de xaneiro é o Día Internacional en memoria das vítimas do Holocausto, e recolleron datos  sobre a liberación de Auschwitz-Birkenau.

Outros participaron facendo campañas pola paz en forma de infografías e de carteis que tamén se colocaron no muro da entrada. Cos traballos fíxose un vídeo para poder difundir estes contidos a toda a comunidade educativa mediante os diferentes blogs e na pantalla da entrada do instituto.
Para rematar, o voluntariado e o coro do centro "Son do Sofía" participaron na mesma campaña para unir forzas e visitaron a residencia de anciáns Domus VI, próxima ao noso instituto, o mesmo día 30. O voluntariado da biblioteca, coa que adoita  colaborar o equipo de Dinamización, reuniuse para facer un mural co lema da campaña e unha estrofa do poema de Celso Emilio Ferreiro, Irmaus, que posteriormente lles recitaron ós avós do xeriátrico. Finalizou esta emocionante xornada coa magnífica actuación do coro da que podedes ver unha mostra nos vídeos que deixamos nesta entrada e que tamén se proxectan na pantalla da entrada do noso centro.


Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!