Saltar ao contido principal

DÍA DE ROSALÍA CASTRO

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro no noso centro quixemos destacar á autora, como xa se deixou constancia no blog da biblioteca. Pola nosa banda, dado que este equipo estivo  vinculado coa celebración do Día da Paz, quixemos sumarnos ás actividades propostas pola biblioteca, seguindo a mesma temática e participando no concurso que se fixo cos poemas de Rosalí: Airiños e Negra Sombra.
Rosalía na súa poesía expresa con forza e sensibilidade a dor colectiva, a desolación dun pobo que se ve abocado á emigración como forma de supervivencia. Retratando como ninguén a indefensión, o abandono e a desesperación que leva na pel un ser humano que se ve desposuído non só da súa familia senón do seu medio cultural e social. Ela usa a lingua galega, que lle proporciona palabras e imaxes imprescindibles como a morriña, para retratar ese desgarro íntimo que produce nas nais, nos fillos e nos pais esta separación.
Airiños, airiños aires
Airiños, airiños aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, leváime a ela.

Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta;
que adonde queira que vaia,
cróbeme unha sombra espesa.
Esa sombra que cargan ás costas por igual homes e mulleres, é a dor da separación, a da culpabilidade e a responsabilidade de deixar a súa terra pola incerteza de que este esforzo sirva para construír un futuro mellor.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Tratáronse estes dous poemas de Rosalía para seguir profundizando no problema dos migrantes que iniciamos coa campaña do Día da Paz.
Para o alumnado que quixo xogar, proxectouse un vídeo co poema Negra Sombra, interpretado por Luz Casal e Carlos Nuñez, completando ocos nun dos poema, ou ordeando os versos do outro, nun tempo limitado. 
Outros colaboraron poñendo pegadas negras no muro que está no hall do centro, como imaxe desa negra e pesada sombra coa que cargan os que teñen que dixar a súa terra.
Nestas presentacións podedes ver os elementos que se empregaron e a algún dos participantes.


Na entrada do instituto tamén se proxectou  vídeo que vos deixamos aquí.


Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

CONCERTO MOCIDADE COA LINGUA.

O grupo musical do noso centro , Son do Sofía, vén de participar no concerto A Mocidade coa lingua, celebrado hoxe no Auditorio de Ferrol. O alumnado participou con dúas pezas: "Danzas do tempo" baseado nun poema de Luísa Villalta e Bela dona. Foi unha actuación espectacular. Parabéns para todos e tamén para as profesoras de música e lingua galega que traballaron cos artistas.

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.