Saltar ao contido principal

ENTREGA DE PREMIOS CARMELA LOUREIRO EN FERROL

O sábado, 9 de marzo, entregáronse os premios aos gañadores da V edición do Certame literario Carmela Loureiro, convocado polo Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL). Nun acto que se celebrou ás 12 horas, no centro cultural Torrente Ballester, presidido polo alcalde da cidade Jorge Suárez.
Nesta edición presentáronse 80 traballos: micropoesía (27); microrrelatos (37); microteatro (3) de 18 centros educativos da comarca. O xurado do V Certame Literario Carmela Loureiro estivo integrado por Magdalena González e Aitana Tizón, como representantes do alumnado; Ana Varela Miño, representante do mundo da literatura e da lingua (tradutora e poetisa); Paulo Filgueiras Fachal, representante da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, o concelleiro de Normalización, Álvaro Montes e Beatriz Bascoy, como secretaria do mesmo.
Para a modalidade de microrrelatos, os premios recaeron en alumnado do CPI Atios, Cristo Rey, Saturnino Montojo, Juan de Lángara e Sofía Casanova. Os de micropoesía en alumado de Os Casais, Sagrado Corazón, Concepción Arenal, Ludy, Carvalho Calero e Fernando Esquío. Por último, o de microteatro para bacharelato e ciclos formativos foi para o IES Carvalho Calero. 
Representando ao Sofía Casanova estaba a nosa gañadora Irene Fernández Arias, no centro da foto. Alumna de 4º da ESO, cun relato titulado: Acompáñame.
Felicitamos a todos os participantes e moi especialmente á nosa compañeira Irene.


Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!