Saltar ao contido principal

DE TEATRO CONTRA A VIOLENCIA

O pasado venres 22 de novembro e dentro das actividades que imos celebrando no centro co gallo do "Día contra a violencia de xénero", alumnos e alumnas de 1º da ESO e un grupo de 4º asistimos a unha representación teatral no Auditorio municipal de Ferrol. Reunímonos alí varios centros invitados pola Concellería da muller de Ferrol. Presenciamos a representación teatral de"Fillas bravas"do grupo Chévere. Estas "fillas bravas" eran tres mulleres cantareiras que  nos deron unha visión do empoderamento e da forza das mulleres rurais e unha lección, mirando ao pasado, do traballo, a autonomía persoal, a independencia dun colectivo feminino ( as fillas do palleiro)que a pesar de ter sido silenciado, chegou ata o noso presente con rebeldía e forza e delas sentimos moito orgullo. A obra tamén presenta un grande traballo de recolleita da oralidade galega e por iso tamén nos pareceu moi importante que o alumnado coñecese esta riqueza musical.
O acto foi presentado polo alcalde de Ferrol e a concelleira de igualdade. Todos os centros preparamos as nosas pancartas para conmemorar esta data e lanzar as nosas protestas contra a violencia de xénero, unha lacra e unha maldición que non lle podemos pasar ás xeracións futuras.
Nós tamén levamos a nosa pancarta e agradecemos, coma sempre, a implicación de Vili que desde o  equipo de Biblioteca  nos axudou a confeccionala.
Velaí unhas imaxes:

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!