Saltar ao contido principal

DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana no centro estivéronse a desenvolver diversas actividades para celebrar o 25 de novembro o Día de Loita contra a Violencia de Xénero que estaban programadas desde o Departamento de Orientación e os equipos de Actividades Complementarias e Extraescolares, de Igualdade, da biblioteca e de Dinamización Lingüística. En primeiro lugar o venres 22 de novembro asistimos varios grupos da ESO a unha representación teatral a cargo da compañía Chérvere, As Fillas Bravas que organizaba a Concellería de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol. Para esta saída fixemos unha pancarta co lema da nosa campaña: Plantámonos contra a Violencia de Xénero.  



Nas titorías e nas áreas tratouse o tema da violencia nas redes sociais por medio do visionado dun vídeo de Pantallas Amigas que exemplificaba a relacións de desigualdade entre rapaces e rapazas e os comportamentos de control e dominación que se poden exercer utilizando este tipo de medios.

Posteriomente o alumando fixo simulacións de este tipo de conversas que supoñen un banzo nos comportamentos machistas. Para propiciar a reflexión sobre estas situacións de violencia amosadas no vídeo. Tentando que as conversas rematen en consellos apropiados para saír dunha situación semellante. Estas falsas conversas de WhatsApp fixéronse desde a páxina web WhatsApp Fake Chat, e posteriormente colgáronse na entrada do centro nunha gran exposición onde tamén se atopaban propostas de lectura contra a violencia de xénero.

O alumado foi baixando ó longo do día 25 para ler varios textos e as falsas conversas como fórmula para profundizar na necesidade de prestar atención ós comportamentos que poden iniciar esta escalda de violencia contra as mulleres.

Rematamos facendo nas aulas un vídeo donde o alumando recita as estrofas da canción de      Ana Tijoux, Antipatriarcas, traducida ó galego por Pilar Vazquez.

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!