Saltar ao contido principal

LENDO CONTOS DE MEDO

Este martes día 12 de novembro tivo lugar na biblioteca do centro unha sesión de lectura moi especial. Continuando coas celebracións do Samaín, que se foron retrasando, finalmente esta tarde fixemos unha actividade sobre os relatos de medo, que xa tiñamos programada, tal como rezaba o noso cartel “Contos de medo”. Decidimos empregar dous textos de Edgar Allan Poe, aproveitando o 170 aniversario do seu pasamento, e deste xeito facerlle unha pequena homenaxe a un dos autores favoritos de moitos lectores do nosos centro. Con intención de sorprender aos rapaces e rapazas puxemos velas e libros do escritor nunha mesa no centro da estancia coas luces apagadas, de xeito que todo parecía o máis fantasmagórico posible. O alumnado de 1º da ESO entraba expectante pola teatralidade do momento, cando de súpeto, mentres estaban acomodándose, víronse interrompidos por un ser que ocultaba o seu rostro baixo unha túnica branca con rachaduras, coma se acabase de saír da procesión da Santa Compaña. Se ven é certo que enseguida souberon que se trataba da profesora de Galego; Pilar, que é a mente detrás destas iniciativas de dinamización.


Tiñamos preparada unha presentación coa que se ía ilustrando a lectura da “Máscara da morte Vermella”, ó tempo que a profesora lía o relato en voz alta, poñéndolle toda a paixón e o misterio que o momento precisaba.



Imaxinades que lles resultou unha sesión entretida, e estades no certo, pero ademis, pretendiamos chamar a atención sobre a importancia do modelo lector. Tradicionalmente os nenos e nenas tiñan ocasión de escoitar contos lidos pola súa contorna, pero mudan os costumes e cada vez teñen menos oportunidades de aprender dun lector adulto. 


Por suposto tamén participou algún voluntario lendo outros contos terroríficos doutros autores. 
Deixamos una pequena lembranza desta sesión ó pe da nosa árbore do Samaín na biblioteca.


Tamén vos queda a presentación con fotos do evento.

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!