Saltar ao contido principal

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes de novembro, como sabedes,  desde hai uns anos a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén impulsando a celebración do Mes da Ciencia en Galego.
Coincidindo con que neste  2019 se cumpre o 150 aniversario da Táboa Periódica, a Asemblea Xeral da ONU, decidiu declarar este como o ano internacional dela. Ao tempo desde Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) proponse adicarlle o Mes da Ciencia aos científicos Dmitri Mendeleiev, químico ruso que deseñou a Táboa, e Luis Liz Marzán,químico lucense experto en nanopartículas que recibiu en 2018 o Premio Nacional de Investigación.
Por este motivo celebrouse o día 8 de novembro, no edificio Administrativo da Xunta en Lugo, unha conferencia do homenaxeado Luis Liz Marzán falando de nanotecnoloxía.
Deixamos un enlace picando na imaxe para máis información.
IMAXE DE IGACIENCIA

Neste blog queremos facernos eco tamén dunha iniciativa do IES de MELIDE, onde os profesores de varios departamentos e alumnado de varios cursos da ESO  e a FP básica fixeron unha táboa periódica interactiva.



Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

CONCERTO MOCIDADE COA LINGUA.

O grupo musical do noso centro , Son do Sofía, vén de participar no concerto A Mocidade coa lingua, celebrado hoxe no Auditorio de Ferrol. O alumnado participou con dúas pezas: "Danzas do tempo" baseado nun poema de Luísa Villalta e Bela dona. Foi unha actuación espectacular. Parabéns para todos e tamén para as profesoras de música e lingua galega que traballaron cos artistas.

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.