Saltar ao contido principal

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade.
Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común.
TRABALLO NAS TITORÍAS:


-Partindo do visionado do vídeo:

SUEÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance.
-Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:
 
-Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                                           ( Respecto, libertade, diálogo, entendemento,etc).
-Frases ou citas sobre a Paz de pensadores ou premios Nobel.
-Poemas ou caligramas.
-Letras de cancións.
Deixamos algunhas a modo de suxestións no seguinte enlace:
PASOS POLA PAZ.
Rematado o traballo, podemos pegalas nos taboleiros da entrada do instituto. Para completar entre todos un mural sobre a Paz.

Aquí deixamos alguhas imaxes do traballo feito na semana pasada con motivo do Día da Paz.

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro, data do aniversario de Rosalía de Castro a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fai diferentes suxestións e neste curso están relacionadas cos pensamentos, que son as flores favoritas da autora co lema #SementadePensamentos. Desde os Equipos de Dinamización, Orientación, A. Extraescolares e Biblioteca, queremos facer efectiva estas accións nas titorías adaptadando as porpostas por esta entidade. 1.- Actividades nas titorías de 1º e 2º da ESO O alumnado terá que copiar algún verso ou algún dos poemas de Rosalía dentro dos pétalos das flores coma a da imaxe, que os titores poden recoller na biblioteca. E unha vez rematados e decorados podedes deixalos na mesa da entrada do centro. Os poemas cos que traballaresmos son os que vos deixamos neste enlace. 1- D’aqueles que cantan as pombas y as frores Todos din que teñen alma de muller 2- E ben, ¿para que escribo 3- O fondo sin fondo d’o meu pensamento 4- ¿Que pasa ó redor de min? 5- Nada pod...