Saltar ao contido principal

DÍA DE ROSALÍA 2O2O




Neste 2020 celebramos o 24 de febreiro, o Día de Rosalía, uníndonos a outras institucións que veñen de facer interesantes propostas de actividades, como é o caso da a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que baixo o lema #ErrantesPoloMundo_drc_20 fainos unha invitación a reflexionar sobre o tema da emigración nos escritos da autora.

Pola nosa parte, este é o segundo curso en que estamos a traballar sobre este fenómeno das migracións e dos refuxiados no mundo. Iniciamos ese percorrido o curso pasado coa celebración do Día da Paz, coa nosa campaña : " Tirando muros, tendendo pontes" , falando sobre os muros no mundo e a necesidade de tender pontes de diálogo para poder construír unha paz duradeira. No mes de febreiro, tamén do pasado curso, volvemos a tocar o tema do sentimento de desarraigo e da pobreza, no caso das persoas que se ven obrigadas a deixar o seu fogar, facendo actividades cos poemas de Rosalía, no 24 de febreiro: Caldo de gloria  e   Negra sombra.

Este curso 2019-2020, volvemos a unir as celebración do Día da Paz, e do Día de Rosalía. No primeiro,  chamamos a atención sobre os "Pasos para a PAZ" insistindo na necesidade de dar pasos para o entendemento e para evitar que moitos desprazados polos conflitos teñan que facer camiño que os alonxe dos seus países de orixe. Coa data adicada a Rosalía e baixo o título:"Pasos errantes" seguimos a insitir nesta idea, uníndonos a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, pero coa nosa interpretación. Fixemos unha pequena exposición na entrada do centro, con poemas e libros de Rosalía sobre a emigración. Algúns profesores baixaron co alumnado a leer e recitar algúns dos poemas seleccionados. Noutros casos fixémos presentacións e marcapáxinas e tamén lecturas dos versos sobre a emigración.
Aquí deixamos unha presentación para resumir estas iniciativas.


Publicacións populares deste blog

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf