Saltar ao contido principal

AS PITAS BAIXO A CHOIVA


 O Coro do Sofía Casanova ven de participar nunha representación no Teatro Jofre, o domingo 23 de Febreiro da obra As pitas baixo a choiva de Ricardo Carvalho Calero, pola compañía Ghazafelhos, xunto con outros músicos e artistas. Esta actuación inscríbese no desenvolvemento dun proxecto que ven impulsado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, dentro das iniciativas para traballar a figura deste autor, ó que este ano se adicará o Día das Letras Galegas.

Diario de Ferrol





Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra 


Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.