Saltar ao contido principal

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2020



Este mes de novembro como cada curso celebramos o Mes da Ciencia en Galego, para poñer de manifesto que a  lingua galega é tan valiosa como outras para facer  ciencia. Con este motivo  Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) , seguindo a recomendación da ONU que declarou ó  2020 "Ano internacional da sanidade vexetal", propón dedicarlle este mes a dúas figuras:  Robert Koch (Bacteriólogo descubridor dos bacilos da tuberculose e do cólera) e ó científico galego  Ernesto Viéitez Cortizo (Pioneiro da fisioloxia vexetal en Galicia). 
E por outra banda en colaboración con a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o  Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) puxeron a disposición dos centros educativos unha conferencia coa neurocientífica galega Sonia Villapol Salgado desde Houston (Texas) titulada:"Só a ciencia nos rescatará da pandemia", que podedes ver neste  vídeo. 

(Videoconferencia 16 de novembro, ás 12:45 horas.)
Está enfocado aos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas . 
 Pola nosa parte queremos destacar que o pasado mes celebrouse o XI Día da Ciencia en Galego, o 8 de outubro, coincidindo co nacemento do Pai Benito Jerónimo Feijóo, tal como informa A Real Academia Galega das Ciencias. Este ano a institución rendiulle homenaxe a Andrés Comerma y Batalla (Valls 1842- Ferrol 1917) enxeñeiro e arquitecto naval, farmacéutico, escritor e divulgador, pioneiro na construción  naval e apaixonado pola innovación tecnolóxica. El estivo a cargo da construción do dique de Campá, unha grandiosa obra situada no arsenal de Ferrol.
Da gran variedade de intereses que o impulsaron dan conta os títulos publicados:
Curso práctico de construcción naval” (1868)
La exposición internacional de pesca en Londres” (1884)
“Apuntes sobre la Exposición Internacional de Higiene y Educación celebrada en Londres en 1884” (1885)
O profesor de matemáticas  do noso instituto: Luis Puig Mosquera, bisneto deste notable enxeñeiro foi invitado este ano pola RACG 
para facer a conferencia inaugural deste día, como xa se informou desde a páxina web do centro.
Este ano o acto estivo presidido polo presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan M. Lema Rodicio, e polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. 

Deixamos aquí o vídeo: 

 "Andrés Comerma, un personaxe polifacético"


Artigo de Iago e Gloria, alumos do 1º STEMBach do IES. SOFÍA CASANOVA.

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!