Saltar ao contido principal

BICOS E APERTAS NO NADAL


Como cada ano os Departamentos de Actividades Extraescolares, Dinamización Lingüística, Orientación e a Biblioteca fixemos unha proposta conxunta de actividades para decorar a nosa árbore de Nadal. Polo que como outros anos, pedimos a colaboración dos titor@s e profesor@s da ESO.  Neste tempo de pandemia que nos limita o contacto, entendemos que o agasallo que todos desexariamos recibir serían os bicos e apertas dos nosos seres queridos. Con este lema “Bicos e apertas polo Nadal” decidimos completar unhas tarxetas como as da imaxe, que puxemos a disposición dos titores; nelas podíanse engadir.
  • Unha imaxe persoal na que estivesemos bicando ou abrazando a algún ser querido.
  • Una fotografía dun bico icónico dalgunha película, dun cómic, libro ou dunha obra de arte.
  • Un texto describindo unha escea de bicos e apertas dunha película o dunha obra literaria.
Por outra banda, o alumnado que así o quixo, fixo adornos para a árbore en forma de corazóns, estrelas e mans de cartolina vermellos e verde.
Rematados os elementos decorativos cada curso foi colgando os súas tarxetas e adornos na árbore, acompañados polo profesor de área ou o titor.
Con todas as achegas compuxemos unha preciosa árbore na que se podían ler os desexos de voltar a dar bicos e apertas ós nosos seres queridos e puidemos ver moitas nais cos seus fillos, os amigos e amigas que queren voltar á normalidade e tamén preciosas imaxes con avós e familiares. Algúns lembraron apertas de personaxes de ficción das súas series e películas favoritas e moitas persoas escribiron os seus desexos de recuperar a posibilidade de amosar o cariño e amizade repartindo bicos e apertas.
Deixamos aquí unha presentación coas imaxes da entrada do centro onde ademais da árbore onde o alumnado deixou as súas reflexións e desexos e unha mesa con libros para ler nas vacacións de Nadal. Outros Departamentos didácticos como o de Tecnoloxía fixeron unha contribución en forma de cartelería e felicitacións de Nadal con deseños persoais,e cores  moi elegantes. Todas estas tarefas foron unha oportunidade para ler escribir e falar en galego en torno á nosa árbore, que ademais nos serven para deixarvos a todos os nosos mellores desexos de que poidamos axiña  bicar e abrazar os nosos amigos e seres queridos.

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!