Saltar ao contido principal

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este ano o lema é: "Máis aló das Fronteiras: Igualdade na Ciencia para a Sociedade". A comunidade internacional vén de facer un gran esforzo para promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Aínda así a brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas ( STEM) persiste en todo o mundo. Por este motivo desde os centros educativos póñense en marcha inicaciativas como a da Universidade de Vigo, na que ó longo do mes de febreiro, un total de 32 investigadoras e un investigador ofreceranlles a 34 centros educativos de toda Galicia 70 charlas virtuais sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía. O noso instituto participou, recibindo a conferencia dunha antiga alumna do noso centro:
Catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do Menor é Investigadora Principal do Grupo PS1 (Psicoloxía Xurídica) da Universidade de Vigo. A investigadora  fixo unha introdución falando sobre a biografía de Sofía Casanova, e como esta viviu a separación dos seus pais do mesmo xeito que moitos nenos e nenas viven na actualidade esas circunstancias. Isto serviulle para introducir o núcleo da investigación do equipo que dirixe, que se centra nas vivencias dos fillos de parellas en proceso de divorcio, como unha oportunidade de crecemento e de reverter esa realidade en fortalezas. Falou tamén da conexión da súa rama de investigación que é a psicoloxía co dereito e da valoración da psicoloxía , non como unha liña meramente humanista senón como unha disciplina científica máis, insistindo en que a investigación científica non se esgota nas matemáticas a física ou as ciencias naturais e a tecnoloxíaRematou animando a todas as nenas a profundizar na súa formación como medio para encarar o seu futuro como mulleres independentes e libres.
A segunda iniciativa estivo proposta dende os departamentos de Orientación, o equipo de Dinamización e a Biblioteca e consistiu en publicitar algúns materiais para colocar en varios espazos do centro e nos corredores como unha serie de posters enmarcados coas figuras de mulleres científicas senlleiras e uns calendarios coa mesma temática para colgar en cada aula con datos e información biográfica relevante sobre estas mulleres que se adicaron á ciencia. Tamén se fixo unha proposta de materiais para a reflexión nas titorías, como unha colección de infografías.  E vídeos como este que vos deixamos  sobre Margarita Salas.
Tamén o alumado de 4º da ESO da área de L. Galega coa súa profesora Pilar Vázquez fixeron presentacións e vídeos sobre algúnha destas mulleres científicas
Por último, o equipo de profesores responsables no noso centro do Bacharelato STEMbach: Cristina López Suárez e Elisa Moreira García, xunto co Departamento de actividades extraescolares, propuxeron facer conferencias nas aulas da ESO a cargo do alumando desta modalidade de bacharelato.
Os rapaces e rapazas de 2º de Bach, expuxéronlles ós nenos e nenas os proxectos de investigación nos que están a traballar, facendo unhas presentacións moi dinámicas sobre o produto que desenvolveron nel e as fases de cada un; transmitíndolles deste xeito en que consiste o modelo científico de traballo. Tamén levaban unhas batas brancas nas que portaban a imaxe dalgunha científica destacada. Rematada a charla, procederon a facer un concurso de preguntas sobre estas mulleres científicas mediante kahoots que tiñan preparados. A gran calidade do traballo e a coidada exposición deixou ó alumnado dos primeiros cursos da ESO, abraiados da capacidade de traballo do alumnado do Steam Bach. Esta admiración espertou a curiosidade e as ganas de facer tamén eles e elas no futuro algunha incursión no mundo da investigación científica. Foi unha xornada moi produtiva e da que vos deixamos algunhas imaxes.

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!