Saltar ao contido principal

AÍ VÉN O MAIO

 Nos últimos días do mes de abril e os primeiros de maio, organizamos un obradoiro de confección de maios, para celebrar a chegada da primavera. Colaboraron co equipo de Dinamización e a Biblioteca, moitos departamentos: o de Tecnoloxía, o de Ciencias Naturais e o Departamento de Orientación. 

Os obradoiros realizáronse nos diferentes recreos e tamén durante o desenvolvemento das titorías e doutras clases. O alumnado e o profesorado colaborou achegando flores, diferentes pólas, verde , froitas, etc.,Tamén se deron a coñecer nas clases de lingua galega diversas cancións sobre os maios e outras tradicións florais que rememoran unha tradición ancestral desta festa.

Velaquí tedes o resultado : un traballo colaborativo e que resultou ben divertido para toda a comunidade. 
Se queredes  podedes picar na imaxe para ver a  páxina de dinamización donde deixamos unha presentación na que achegamos información sobre a orixe e o desenvolvemento desta festa tradicional.  

Grazas a toda a comunidade educativa  pola súa colaboración. Deixamos aquí fotografías dos nenos compoñendo os Maios.

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!