Saltar ao contido principal

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 3D

 Entrega de premios do concurso de marcapáxinas 3D.

PROXECTOS
MARCAPÁXINAS

Este venres 18 de xuño, fíxose entrega dos premios do concurso de marcapáxinas 3D que realizarou o Departamento de Tecnoloxía do instituto, con motivo do Día das Letras Galegas.  O alumando da área de distintos cursos participou nesta actividade facendo diseños de marcapáxinas para  imprimir en 3D. Todos os proxectos foron publicados na nosa páxina que podedes ver se picades a imaxe.

Como informan as súas profesoras non foi posible imprimir todos os modelos presentados, pero fíxose unha exposición na entrada do centro coa maioría deles. A participación foi moi elevada e o talento do alumnado  quedou patente na variedade de propostas presentadas. 

A profesora Pilar Vázquez, coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto, foi a encargada de facer entrega dos premios ós gañadores:

ICÍA RODRÍGUEZ PAZ /1º BACH F.

ANTÓN RÍO YÁÑEZ / 1º BACH A.

ESPERANZA HERNÁNDEZ TEIJERIO/ 1º  BACH A.

Desde aquí queremos felicitar ó alumando participante e ós gañadores, así como ás profesoras do Departamento de Tecnoloxía.



Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!