Saltar ao contido principal

DÍA DAS ESCRITORAS

 

Ola compañeir@s!
O Día das Escritoras celébrase  o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús 
(1515-1582), o 15 de outubro. Polo tanto para este  este luns 18, desde o equipo da bibioteca e os Departamentos de Dinamización e Orientación queremos facer chegar unha proposta de lectura de textos de varias autoras en galego e en castelán. Nesta semana leranse en  voz alta nas clases de Lingua Española e Lingua Galega, textos de varias autoras  que publicou a Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia. 
Baixo o lema "Ler as idades da vida" Marifé Santiago Bolaños, que é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021, fixo unha escolla de textos e autoras ós que nosoutros lles puxemos imaxes para poder proxectalas nas aulas.

ESCRITORAS EN GALEGO
DÍA DAS ESCRITORAS IES SOFÍA CASANOVA de Sofía Casanova biblioteca

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Comezamos  os actos de celebración do Día das Letras galegas, coa visita ao noso centro da escritora Andrea Maceiras, que nos vén falar do seu libro Alma de Elefante. Mañá recibiremos a visita de Eva Mejuto. Por outra banda, tamén realizaremos varios actos culturais con recitado, cancións da tradicion popular galega, representacións teatrais a cargo da rapazada de 1ª de ESO e actuacións musicais do grupo Son do Sofía que interpretará as pezas presentadas no Concerto a Mocidade coa lingua