Saltar ao contido principal

VIII CENTENARIO DE AFONSO X O SABIO


O alumnado de 1º de bacharelato realizou unha pequena homenaxe ao rei Afonso X o Sabio. Este rei ademais de oficializar a lingua castelá como lingua do reino de castela trobou en galego-portugués. A súa obra poética máis importante foron as Cantigas de Santa María adicadas á Virxe.Velaquí algúns traballos dos nosos alumnos e alumnas.

Hecho con Padlet

Publicacións populares deste blog

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!