Saltar ao contido principal

FESTA DOS MAIOS


Nos últimos anos estamos a consolidar no Sofia Casanova a recuperación da festa dos Maios, sabendo que na nosa cidade ten un grande impacto desde que o barrio de Canido tomara a iniciativa de actualizar esta festa facendo decoracións florais nas súas rúas e comercios. Esta gaña cada ano en participación e acollida da cidadanía. Pola nosa banda, fixemos na entrada do Instituto, o noso Maio coas achegas de plantas e flores recollidas polo alumnado e o profesorado. Na confección implicáronse particularmente a Biblioteca o e os Departamentos de Dinamización, Orientación e o de Bioloxía. Tamén queremos agradecer a inestimable axuda dos pais e nais da ANPA, coa súa presidenta que sempre está disposta a botar unha man en calquera iniciativa.
As familias colaboran no Maio.

Dentro de pouco celebraremos tamén co Voluntariado da Biblioteca e os anciáns da residencia Domus VI  esta mesma festa, artellando dous Maios, pois un quedará no noso centro e o outro vai para a residencia. Xuntarémonos diante da parroquia do Pilar e alí recitaremos poemas e cancións propios desta festa. Este ano imos levar no noso tríptico un poema de Florencio Delgado Gurriarán, o autor ó que se dedica o Día das Letras Galegas 2022, que leva por título, O MAIO.
Deixamos imaxes da actividade e o tríptico.

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Comezamos  os actos de celebración do Día das Letras galegas, coa visita ao noso centro da escritora Andrea Maceiras, que nos vén falar do seu libro Alma de Elefante. Mañá recibiremos a visita de Eva Mejuto. Por outra banda, tamén realizaremos varios actos culturais con recitado, cancións da tradicion popular galega, representacións teatrais a cargo da rapazada de 1ª de ESO e actuacións musicais do grupo Son do Sofía que interpretará as pezas presentadas no Concerto a Mocidade coa lingua