Saltar ao contido principal

Conversas online de " ORGULLO GALEGO" sobre o entroido tradicional galego

 


Este ano estase a preparar un entroido particular no noso centro. Desde a  materia de Proxecto Competencial, en 1º de ESO. Propuxéronse indagar sobre o rico mundo do antroido en Galiza. Para esto tanto a responsable da área do Departamento de Educación Plástica e visual que coordina o traballo, como os Departamentos de Dinamización e Biblioteca puxeron a disposición do alumnado diversas fontes para estar informados da riqueza e variedade do noso entroido tradicional galego. 

Os Peliqueiros de Laza.

Os Cigarróns de Verín.

As Pantallas de Xinzo de Limia.

Os Xenerais del Ulla.

Os Boteiros de Viana do Bolo.

Os Volantes de Chantada.

Os Merdeiros de Vigo.

As Madamas e os Galáns de Cobres.

O Oso de Salcedo.

O Ravachol de Pontevedra.

Os Felos de Maceda.

Os Choqueiros de A Coruña.

Os Vellaróns de Castrelo de Cima.

As mázcaras de Manzaneda.

Os troteiros de Bande.

A Pita de Eiroás.

Se picas na imaxe podes obter infomación en Castelán no seguinte artigo.

Imaxe da web Siente Galicia.
Tamén queremos deixar a publicación dos programas de radio sobre o entroido en Galiza que están a publicar o grupo ORGULLO GALEGO, que poden aportarvos luz sobre este festa tradicional.

Descripción de O Entroido de Cobres (Vilaboa)

Descripción de Os ritos e oficiantes do Entroido: Conversa co antropólogo Rafa Quintía

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!