Onte celebramos o Día de Rosalía, participando nas actividadez propostas pola AELG para os centros de ensino.O alumnado recompilou,transformou e recreou poemas de Rosalía.O motivo de inspiración foi a pregunta:Que diría Rosalía?nestes tempos ante a violencia,fame,dereitos humanis etc.Isto é o resultado.Rosalía elevaría a súa voz en defensa dos que sofren.
Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada: -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz. ...













