O alumnado de 1 da ESO realiza este ano un proxecto interdisciplinar dirixido polo Departamento de plástica e neste caso coa colaboración do EDLG e da Biblioteca.
Con elementos de refugallo:cartóns, teas, botóns montamos un orixinal cigarrón.Tamén coa colaboración de Rosa a súa profe de galego crearon unhas coplas moi divertidas.Parabéns aos artistas
Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada: -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz. ...






