O vindeiro martes 16, véspera do Día das Letras Galegas, ás 16.30 horas, celebraremos un concerto no salón de actos do centro. O grupo formado por Xoán Padín (profe do centro) como guitarra e vocalista; Luisa Sánchez (presentadora e cantante) e Pedro Montilla ao violín, interpretarán versións orixinais de poemas de Rosalía, Pondal etc., en diferentes estilos.Nalgunhas pezas estarán acompañados por algúns artistas que forman parte do noso alumnado. Seguro que será unha xornada perfecta para gozar coa nosa música e as nosas letras.
Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada: -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz. ...
