Saltar ao contido principal

CONCERTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

   Deixamos por aquí algunha das actividades que o alumado do IES Sofía Casanova realizou para celebrar esta importante data en defensa da nosa lingua e da nosa cultura galega.

Queremos destacar o concerto realizado polo grupo formado por Xoán Padín como voz e guitarra, Luisa Sánchez e Pedro Montilla ao violín.Ofrecéronnos versións orixinais de poemas de Rosalía ( "Soia","Xan"ou "Daquelas que cantan as pombas" entre outros e de Pondal " Combate de Dumbría" que puxo fin ao repertorio.Finalmente acompañados pola gaita de Mario Bouza, un dos nosos alumnos de 4ª da ESO, entoamos o Himno galego. Cómpre salientar o labor de Xoán Padín, docente do noso centro, que traballou na inclusión de distintos talentos e capacidades co alumnado de varios cursos da ESO. O resultado foi este boísimo concerto que todos puidemos gorentar o día 16. 


Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Comezamos  os actos de celebración do Día das Letras galegas, coa visita ao noso centro da escritora Andrea Maceiras, que nos vén falar do seu libro Alma de Elefante. Mañá recibiremos a visita de Eva Mejuto. Por outra banda, tamén realizaremos varios actos culturais con recitado, cancións da tradicion popular galega, representacións teatrais a cargo da rapazada de 1ª de ESO e actuacións musicais do grupo Son do Sofía que interpretará as pezas presentadas no Concerto a Mocidade coa lingua