Velaquí outra das actividades realizadas para celebrar o Día das Letras galegas. Despois de acudir ao concerto no salón de actos, o alumnado de 3º da ESO, acompañados pola súa profesora Rosa, recibiron unhas clase de iniciación ao baile galego, impartidas por Alba profe de Tics . A actividade resultou moi divertida e o alumnado entregouse desde o primeiro momento.Recibiron como agallaso conmemorativo uns diplomas que estes días puideron recoller na biblioteca do centro.
Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada: -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz. ...

